En Pazo de Vilane celebramos o noso 25 aniversario. ¿Úneste a festa?

Hai 25 anos, no mes de abril de 1996, iniciamos a que quizá sexa a máis tola e máis corda aventura- á vez- das nosas vidas. Deixamos Madrid, onde emigráramos en 1975 para volver ao Pazo familiar en Galicia.

O noso pai, Juan Varela-Portas Pardo, sempre acompañado da nosa nai, foi un home adiantado ao seu tempo, cunha visión empresarial moderna e ampla. O seu coñecemento de Galicia leváballe a afirmar que na súa terra todo o que se producía era bó.

Xunto a súa filla menor, Nuria, foron capaces de detectar unha necesidade no mercado; a de consumir ovos da casa, como os de antes, os das casas das nosas avoas.

¡Así comezou a historia de Pazo de Vilane!

O Pazo pertenecera a familia Varela-Portas desde o século XVIII e moitas das súas estructuras necesitaban obras urxentemente. Ademáis do histórico edificio central, contaba con algunhas naves gandeiras sen uso e moi deterioradas.

A mocidade emigraba do campo galego ás cidades para estudiar ou en busca de traballo na construcción ou no sector servizos. E , con todo, o noso pai confiaba no potencial de Galicia como xeradora de riqueza a través de empresas agroalimentarias.

A Nuria, nacida en Lugo, tirábanlle as súas raíces e a vida urbana non lle enchía. Volveu a casa e case sen darse conta viuse envolta no torbellino emprendedor do noso pai.

A acollida dos ovos camperos de Pazo de Vilane (co seu orixinal e recoñecible “caixa da gallinita” foi excelente, primeiro os pequenos comercios; máis tarde, as cadeas locais de supermercados. Poucos anos máis tarde, as grandes cadeas ( El Corte Inglés, Alcampo, Carrefour , Dia, Eroski, Sánchez Romero) e outras locais, como Gadis, La Despensa , Súper Amara…  

Pasaron 25 anos e a rehabilitación de antigas construccións, a posta en explotación das fincas e a incorporación de granxeiros da Comarca da Ulloa foron unha constante.

“No fabricamos ovos, coidamos gallinas” 

Esta é a nosa máxima de traballo: benestar animal por encima dos estándares do mercado, galiñeiros pequenos, lotes pequenos de galiñas, grandes extensións de prados verdes onde pastan en liberdade a diario… A calidade ante todo.

25 anos dan para moitas historias: sobre o tesón e o traballo duro, sobre as pequenas alegrías do día a día, sobre os riscos asumidos, os medos, os éxitos e tamén os fracasos.

E isto merece unha celebración: ¡premios, regalos e moitas sorpresas!

Por iso o largo das próximas semanas contarémoste moitas anécdotas que te sorprenderán sobre cómo conseguimos construir pouco a pouco a empresa e cómo nos esforzamos cada día para mantela.

Queremos compartir contigo todos estos 25 anos de andaina, polo que nos próximos meses iremos lanzando iniciativas de todo tipo: haberá espacio para o medioambiente, a cultura, a gastronomía… Faremos concursos, sorteos de lotes de producto e moitos premios. E ata terás a oportunidade de gañar unha viaxe a Pazo de Vilane para coñecernos.

¡Non te perdas as nosas RRSS e o noso blog, porque van a estar cheas de sorpresas¡