Calorías do ovo: Todo o que necesitas saber

Huevo con arándanos, almendras y aguacate

Se algunha vez te preguntaches polas calorías do ovo, é dicir, se podes introducilo ou non nas dietas de adelgazamento ou nos menús de toda a familia segundo as súas necesidades nutricionais, chegaches ao sitio axeitado.

Adiantámosche que as calorías do ovo dependen basicamente de dous factores: o seu tamaño e o seu modo de elaboración, aínda que pronto comprobarás que este último factor ten un peso decisivo.

O ovo é un alimento presente na dieta humana dende fai séculos. Entre as súas propiedades cabe destacar que é rico en proteínas, que contén case que todas as vitaminas, minerais, aminoácidos esenciais para o organismo e que é unha das principais fontes de colina, un nutriente esencial para o desenvolvemento do cerebro.

Pouco a pouco tamén se conseguiu desterrar o pensamento de que o consumo de ovos incrementa o colesterol. Hoxe en día a comunidade científica coincide en que este erro foi froito dunha lectura incorrecta dun primeiro estudo dos anos 70 sobre ovos e colesterol.

Pola contra, actualmente hai consenso en que resulta moi positivo introducir até 4-5 ovos semanais -dentro dunha dieta variada e equilibrada- para todos os grupos de poboación (embarazadas, anciáns, nenos, adultos, deportistas…) salvo que o médico indique o contrario.

Calorías do ovo segundo o seu tamaño

Pero falemos das calorías do ovo e se o seu tamaño inflúe moito no reconto final. Podes comprobalo nesta táboa.

Calorías do ovo por tamaños

Ovo pequeno54 kcal
Ovo talla M63 kcal
Ovo talla L70 kcal
Ovo talla XL90 kcal

Como ves, non hai grandes diferenzas calóricas no ovo se atendemos ao seu tamaño.

Entre un ovo pequeno e outro de talla XL apenas median 36 calorías, o que no cómputo calórico diario non ten ningunha importancia.

Agora ben, se queres afinar aínda máis, interesarache saber que a xema do ovo é a parte con máis graxa e tamén a que máis calorías aporta. Pola contra, a clara é a menos calórica e é onde están case que todas as proteínas do ovo.

Estímase que unha clara pode ter 17 calorías, mentres que unha xema acadaría unhas 37-42 calorías. E aínda que hai quen recomenda consumir só claras de ovo nas dietas de adelgazamento -en tortillas, por exemplo- non apoiamos esta recomendación.

Ovos batidos con verduras

Os motivos son que, en primeiro lugar, xa vimos que a suma calórica dun ovo completo é moi baixa. Pero, en segundo termo e moito máis importante, a xema contén nutrientes que axudan ao organismo a asimilar mellor as proteínas da clara. Ademais, ao estar inxerindo só esta última, estariámonos privando doutras moitas ricas propiedades e nutrientes da xema.

Polo tanto, é preferible consumir o ovo completo e non as súas dúas partes (xema e clara) por separado.

Calorías do ovo segundo a súa elaboración

Xa adiviñarías que onde está a clave das calorías do ovo é na tixola ou no cazolo, así como na túa “picardía” á hora de cociñalo.

Por exemplo, está claro que un ovo fritido sumará máis calorías ca outro cociñado en cocotte, escalfado, pasado por auga ou cocido. Sen embargo, e tendo coidado cos ingredientes que usas, sempre podes manter o control do aporte calórico final do prato.

Ten en conta que unha cullerada de aceite de oliva suma unhas 135 calorías, mentres que unha pequena, de café, aporta unhas 40. Por iso, tes que usar con mesura eses ingredientes sans -non deberan faltar na túa dieta- pero moi calóricos.

Sinxelamente, bota pouca cantidade na tixola.

Para facer ovos revoltos, á prancha ou en tortillas, faite cunha boa tixola non adherente e un bote pulverizador para o aceite; dosificarás moito mellor a cantidade.

Ademais, ten en conta que hai preparacións (cocido, pasado por auga, cocotte, escalfado) que non engaden nin unha caloría ao resultado final.

Táboa de calorías do ovo segundo a forma de cociñalo

Ovo fritido100-120
Ovo á prancha90-100
Ovo cocido63
Ovo escalfado63
Ovo cocotte ou ao forno63
Ovo pasado por agua63
Tortilla 103-120
Revolto103-120
Clara a punto de neve 17
Xema curada en soia50

Aquí tes algúns outros apuntamentos interesantes sobre as calorías que pode ter un ovo segundo a súa elaboración:

  • En revoltos e tortillas, todo depende de como as reenchas. Non é o mesmo engadir verduras e hortalizas ca embutidos.
  • Restarás calorías aos ovos fritidos se os cociñas co aceite moi quente e, unha vez que estean listos, retires o exceso de graxa cun papel absorbente de cociña.
  • Precisamente, ás veces cremos que pratos coma os ovos fritidos son moi calóricos, pero non é por este alimento en si, senón por como os acompañamos: pan, chistorra, panceta, patacas fritidas, xamón…
  • Un ovo duro ou cocido sacia moito, e non engade practicamente calorías á túa ensalada. Axudarache a chegar á seguinte comida sen picar entre horas.

As calorías dos ovos campeiros

En Pazo de Vilane só criamos galiñas que viven en liberdade e que, polo tanto, producen ovos campeiros.

As nosas galiñas son alimentadas con cereais de alta calidade e ademais desfrutan durante todo o ano de pastos tenros debido ao clima que desfrutamos na Comarca da Ulloa (Lugo).

Durante as súas saídas diarias as aves rebuscan herbas, insectos, sementes, flores, polo que estes nutrientes adicionais (vitaminas, minerais, aminoácidos, graxas…) acaban por incorporarse ao ovo.

Os ovos campeiros teñen idénticas calorías ca outros ovos de galiñas criadas en gaiolas ou no chan (estas últimas tamén denominadas “libres de gaiola”). Pero ao adquirir unha caixa coa galiña de Pazo de Vilane sabes que estás adquirindo un produto de calidade obtido con estritos criterios de benestar animal.

Porque non fabricamos ovos, coidamos galiñas, e elas son a razón de ser do Pazo.

Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!