Ana, operaria de almacén, unha galleguiña apegada á súa terra

Ana Belén Abelairas Guerreiro ten 36 anos e traballa no almacén de Pazo de Vilane desde fai un ano. Esta seoanesa -coñecías o xentilicio de Antas de Ulla, o noso pobo?- traballou noutros lugares de Galicia, pero, ¡ai! a patria moza tiraba tanto que non dubidou en volver cando recibiu a oferta de Pazo de Vilane.

Agora vive cos seus pais e ve a diario ao resto da familia; todo grazas a ese apego á terra, ás raíces, tan galego…

Teño entendido que, no teu caso, “todo queda na casa “; ou máis ben, “todo queda no Pazo”…

Pois sí, porque tanto a miña irmá Mar, coma meu cuñado Xoan Carlos traballan no Pazo de Vilane desde fai moitos anos. Eles foron os que me avisaron de que xurdira un posto no almacén. Non o dubidei e aceptei; vino como unha oportunidade perfecta de volver a casa e establecerme de novo en Antas de Ulla.

Onde traballabas?

En distintos lugares de Galicia, pero lonxe, á fin e ao cabo. E non era o mesmo. Non podía saborear a comida da miña nai, a súa tortilla de patacas… (con ovos do Pazo, por suposto!), nin ver a diario aos meus sobriños, a miña irmá… Aínda que me gustaría independizarme dentro dun tempo –non me irei lonxe de Antas-, agora mesmo dáme moita tranquilidade vivir cos meus pais e coidarnos mutuamente.

Vista del almacén de Pazo de Vilane, lugar donde trabaja Ana. Desde que surgió la pandemia se han intensificado las medidas de seguridad sanitarias para los empleados.

¿Qué é o que máis te gusta do traballo no almacén?

Todas as tarefas entretéñenme moito: desde encartar e montar as caixas ata seleccionar os ovos ou pegar os adhesivos dos precintos.

Pero o que máis aprecio de Pazo de Vilane son tres cosas: a estabilidade que me proporciona este traballo, a proximidade á miña casa, e o ambiente. Levámonos moi ben, e así se traballa moito mellor.

Todo el equipo de Almacén debemos además estar muy atentos, porque es un departamento estratégico en Pazo de Vilane: es donde se llevan a cabo las principales labores de control de calidad

Ana espera volver a sus clases de zumba en cuanto las condiciones sanitarias se lo permitan.

¿E qué fas cando non estás entre caixas e ovos?

(Ríe) Pois antes da pandemia encantábame acudir as miñas clases de zoa (zumba). Espero de verdade voltar algún día, ríame moito e pasábamo fenomenal.

¿E en vacacións ou fines de semana?

Sempre que podo escápome a Ribadeo, na costa de Lugo. Recomendaríao cos ollos pechados a calquera. De Ribadeo gústame todo: o seu encanto colonial (conta cunha ruta preciosa polas casas dos antigos indianos), o seu mercado de abastos ou as súas tendas de artesanía local. Sempre se respira un ambiente moi especial polas súas rúas.

Por non falar das praias, claro….

Por suposto, en Ribadeo está a famosa Praia das Catedrais, coñecida polas súas grutas e arcos xigantes de pedra ao bordo mesmo do mar. Cando a marea está baixa, podes percorrer os seus pasadizos e admirar a forma das súas rocas, aínda que hai que ter coidado; como boa praia cántabra, é de moita ondada e de correntes na pleamar. É misteriosa e salvaxe… Preciosa!

Playa de las Catedrales en Ribadeo, una de las más espectaculares de Galicia… y de toda España.

¿De Antas de Ulla, o noso querido pobo, qué recomendarías?

En primeiro lugar, quixera recalcar que Antas marca o centro xeográfico de Galicia, polo que é o sitio ideal para establecerse e percorrer desde aquí toda a rexión.

A inda que se non se teñen ganas de facer moitos kilómetros ten cousas dabondo para ver: desde o nacemento do río Ulla (o segundo máis extenso de Galicia, tras o Miño), a parte do Camiño de Santiago que atravesa o noso territorio, os numerosos restos arqueolóxicos. Temos desde petroglifos e dómens/dólmenes , pasando por castros do que foi un poboado megalítico.

El río Ulla, que delimita las provincias de A Coruña y Pontevedra, es rico en salmones, truchas, anguilas y lampreas.

¿E en canto a gastronomía, cómo andamos?

De sobresaínte. ¡Lembra que isto é o corazón de Galicia¡ É famoso o Pan de Antas, que se elabora en fornos de leña e con fariñas galegas ou do país, Temos moitas e moi boas panaderías, que ademáis venden empanadas con todos os recheos que poidas imaxinar: carne, bacallau, atún, liscos e anacos de touciño…

Capítulo aparte márcano os queixos da zona: aquí hai moita tradición. Contamos co coñecido queixo picante de Antas, os de tetilla ou por suposto, os da denominación de orixe Arzúa-Ulloa (de varios tipos, cremosos , curados…)

Los quesos de la Comarca de la Ulloa tienen merecida fama.

Pois con Pan de Antas, unhas taboas de queixo e unhos ovos do Pazo…

¿Para qué te vas a ir máis lexos, verdade?  Os nosos ovos teñen outro color...¡E outro sabor¡ E eso porque as galiñas están soltas en liberdade, nos prados do Pazo; non en xaulas ou encerradas. E a súa alimentación e coidados son os mellores. ¡Por iso o sabor dos nosos ovos non pode compararse con outros¡