Agardando á primavera en Pazo de Vilane

 

A primavera chega despaciño a Pazo de Vilane. Os días de calor mestúranse con outros de frío que non deixan florecer árbores e prantas. Camiñando na contorna do pazo atopamos algunha imaxe que nos deixa imaxinar o que está por vir. No Monte do Estanco hai árbores con flor e abellas que traballan sen descanso. O xardín do pazo, ten cada vez máis cor.

No campo de froitos vermellos estamos a preparar a terra para a framboesa. Lembrades como estaba a finca hai uns meses? Fixádevos na primeira foto da galería. Se o tempo lles deixa, as prantas de arandos florecerán nuns días.