A espada de Brandomés

A principios do 2014, alumnos do instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces elaboraron un mapa de tesouros da tradición oral do municipio. Entre todas as historias recollidas destacaba a lenda da espada de Brandomés, da que existen dúas versións. Hai quen conta que existe unha espada de ouro que alguén guindou ao río Ulla (que nace no Concello de Antas de Ulla) trala morte dun guerreiro; a outra di que a espada está no fondo do río á altura do lugar coñecido como �??O Tesouro�?�.

Trátase dunha lenda única en Galicia porque aínda que apareceron outras espadas da Idade de Bronce nos ríos galegos (algunhas no Ulla), non se coñecía ningún relato de tradición oral vinculado a elas.

Por que aparece este material bélico nos ríos? As hipóteses van dende os ritos funerarios ata as ofrendas a deuses. Marcial Tenreiro, arqueólogo que axudou aos alumnos no estudo, vincula a lenda da espada de Brandomés á historia do rei Artur e a espada Excalibur ou á do cabaleiro Roldán.

Fonte: farodevigo.es.

(Debuxo de Julieta Penas, alumna do instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces).