Confeitura ou marmelada, cal é a diferenza?

Confeitura ou marmelada. Parecidas pero non iguais. Teñen froita, son doces e acompáñannos nos nosos almorzos e sobremesas, ambas se cociñan en azucre e moi pouca xente sabe diferencialas. A marmelada e a confeitura non son o mesmo, pero parécense. A clave está no seu procedemento á hora de cociñala e as súas propiedades. Hoxe en Pazo de Vilane imos explicarche como diferenciar se é marmelada ou confeitura. 

Para diferencialas, hai que centrarse no método de elaboración e preparación de cada unha. Como che explicamos no post de como facer marmelada caseira, necesitaremos pezas de froitas enteira, xa sexa  triturada ou en anacos. A calidade e o estado da froita é un factor importante, que estea no seu punto xusto de maduración para que acheguen parte da súa dozura natural. As froitas demasiado verdes ou moi maduras non son a mellor opción debido á súa cantidade de pectina, dando como resultado marmeladas espesas e difíciles de usar. 

Outro factor importante diferencial dunha marmelada é engadir máis dun 65 por cento de froita e un 35 por cento de azucre. A froita cócese en azucre ata conseguir unha textura espesa onde aínda se recoñecen os anacos de froita. O aroma, a textura e o sabor consérvase na marmelada, gozando da froita en calquera tempada do ano. 

Doutra banda a confeitura prepárase coa pel ou a polpa da froita cocida en caldo de azucre. Iso significa, que se necesita unha maior cantidade de azucre e a textura será distinta, máis  xelatinosa. Necesita un contido mínimo 35 por cento de froita, un 45 se falamos de confeitura extra. Hai que diferenciala tamén da xelea, onde a froita esprémese con pel e pebidas e a ese zume engádeselle posteriormente auga con azucre ata obter unha salsa  semi sólida, con aspecto de xel. 

En resumo, as maiores diferenzas entre a marmelada e a confeitura están no seu método de preparación, a cantidade de froita que leva cada unha, a súa cantidade de azucre, o estado das froitas empregadas e a súa textura final.

Á hora de escoller cal é mellor para a nosa alimentación, a marmelada posúe máis vantaxes que a confeitura. Para empezar, a marmelada é máis lixeira, xa que a xelea e a confeitura necesitan unha maior cantidade de azucre para compensar o sabor amargo das cascas. Nos pratos e sobremesas resulta máis sinxelo e útil usar a marmelada pola súa textura menos xelatinosa, permitindo un sabor máis natural. Se queres coidar a liña, a marmelada é máis vantaxosa, ao só levar un 30 por cento de azucre, froita e pectina. 

Marmeladas de Pazo de Vilane 

As marmeladas son un ingrediente fundamental nos nosos almorzos, combinadas ou soas, e nas sobremesas, acompañando en doces e tortas. As nosas marmeladas están elaboradas artesanalmente, unicamente con froita enteira procedente das leiras de Pazo de  Vilane que se colleitan no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. Como a marmelada de framboesa que conteñen un 70 por cento de froita e é perfecta para torradas e queixos, ou a de arandos que tamén ten un 70 por cento de froita e ten unha textura ideal para tomar con paté.

Agora que sabes diferencialas, podes crear as túas propias marmeladas ou confeituras coas froitas de tempada, como o kiwi ou a laranxa. Tamén podes optar pola maneira inmellorable de empezar o día gozando cun san almorzo coa marmelada caseira de Pazo de Vilane. Unhas marmeladas ideais para ver o lado máis doce da vida. Consegue a túa nos nosos puntos de venda.