fbpx

¿Como elaboramos as nosas marmeladas artesanais?

En Pazo de Vilane non só coidamos galiñas, tamén somos agricultores. Sabías que elaboramos marmeladas de framboesa, arandos e tomate? Unha delicia para os sentidos que non podes deixar de probar.

No almorzo, a merenda, acompañando sobremesas ou con comidas, mesmo para confeccionar repostería, está a acompañarnos a marmelada. Un produto saboroso e típico no noso día a día que nos permite saborear a froita durante todo o ano e achega os seus beneficios. Sobre todo coas marmeladas artesanais Pazo de Vilane, convertidas xa nun cobizado produto gourmet.

En Pazo de  Vilane non só nos adicamos aos ovos campeiros e ao coidado de galiñas en liberdade. Creamos outros produtos aproveitando todos os espazos e leiras do Pazo de  Vilane. O que comezou como plantacións de framboesas, arandos e tomates evolucionou a unhas marabillosas marmeladas artesanais ideais para acompañar todos os teus pratos e sobremesas. 

Marmeladas artesanais de framboesa e arandos

As nosas marmeladas están elaboradas artesanalmente unicamente con froita enteira procedente das leiras de Pazo de Vilane, que se colleitan no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. A marmelada de framboesa contén un 70 por cento de froita. É perfecta e deliciosa con torradas, queixos, patés e iogur. A marmelada de arandos, tamén se elabora cun 70 por cento de froita e ten unha textura ideal para tomar con patés e queixos.

Marmelada ecolóxica de tomate agridoce

Tamén temos marmelada de tomate que se elabora unicamente con tomate enteiro, tamén procedente das leiras de Pazo de Vilane, cultivado nun sistema de produción ecolóxica. A súa recolección no punto xusto de maduración permite ofrecer unha marmelada co 72 por cento de froita. Todo isto fai que as marmeladas teñan sabores intensos permitindo que sexan perceptible por todos os sentidos.

Elaboración en Pazo de  Vilane

O secreto da calidade dos nosos produtos? Usar froitas provenientes das nosas leiras na comarca da Ulloa baixo a innovación de crear produtos de calidade mentres se segue coa produción de ovos campeiros de galiñas en liberdade. Dando vida a todas as leiras e vitalidade á contorna rural. 

Tamén é clave acompañar á planta no seu crecemento e coidado, evitando o uso de produtos químicos que estragan a terra que seguirá dando froitos. Ademais, dentro dos métodos de produción ecolóxica, aproveitamos o abono das galiñas criadas en liberdade o que contribúe a enriquecer a terra das plantacións de tomate e de froitos do bosque.

Podes utilizalas en almorzos, merendas ou canapés, as marmeladas artesanais de Pazo de  Vilane son perfectas para elaborar sobremesas e reposterías. Consegue a túa nos nosos puntos de venda e visita o noso blogue de receitas para descubrir as formas máis orixinais de usar as nosas marmeladas artesanais. Podes preparar desde unha mousse de iogur con marmelada de tomate pasando por unhas deliciosas empanadillas de leite con marmelada de arandos. Anímaste?

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies