fbpx

Como conservar a túa marmelada caseira?

Descobre todos os segredos sobre como conservar marmelada caseira para que poidas sacarlle o máximo partido ás túas conservas de froitas.

Púxechesche ao choio, tes todo listo e agora xórdeche a dúbida, como podo conservar a marmelada caseira que acabo de facer ? Non te preocupes máis, en Pazo de Vilane imos axudar para que saibas a mellor forma de conseguir que as túas conservas de frutas se manteñan en perfectas condicións co paso do tempo. Así poderás gozar desta delicia durante todo o ano. Hoxe descubrimos como conservar a marmelada artesanal cuns métodos fáciles e sinxelos. Acompáñasnos?

Como xa che contamos cando falamos de como facer as túas propias conservas , debemos ter listos os nosos tarros de cristal para envorcar neles o contido da marmelada. Para que estean nas mellores condicións, ademais de esterilizados, deben permanecer limpos e secos no momento. Usemos o método que usemos para conservar a marmelada, este tipo de recipientes son do máis adecuado.

O tradicional baño maría

Conservar a marmelada ao baño maría é unha das formas máis tradicionais, das de toda a vida. Seguramente xa vises ás túas avoas usar este método porque ademais de práctico é moi sinxelo de realizar. Sabes de onde vén o seu nome? Pois nin máis nin menos que da antiga Alexandría. Concretamente do nome da muller que empregou por primeira vez esta técnica e que está considerada como a primeira alquimista da historia: María, a Xudía. 

Para poñelo fácil, indicámosche un a un os pasos para a  cocción ao baño maría:

  1. Enche o frasco de cristal ata o bordo coa túa marmelada recentemente feita.
  2. Nunha pota profunda, pon un trapo da cociña no fondo para separar tarros do recipiente e verte auga. Que non cubra as tapas.
  3. Pon ao lume para que comece a quentarse. Comeza por lume lento uns minutos e sobe aos poucos a temperatura.
  4. O tempo para deixalos na pota varía do tamaño dos botes de marmelada pero cun par de horas para os recipientes máis grandes debería ser suficiente.
  5. Unha vez apagado o lume, deixa que vaian arrefriando e colócaos nun lugar seco.
  6. Comproba que estean ben selados para que a conservación sexa óptima e gárdaos nun lugar escuro e fresco.

Facer o baleiro

Outro dos métodos que máis se empregan cando chega o momento de elixir a forma de conservar as marmeladas caseiras é o do baleiro. Hai que ter en conta que a marmelada leva unha importante cantidade de azucre. Ademais de funcionar como edulcorante, tamén ten propiedades conservadoras que impiden o crecemento microbiano polo que non é necesario un proceso específico de pasteurización. Os pasos para seguir para envasar ao baleiro son: 

  1. Enchemos os botes ata o bordo con coidado para non pasarnos do límite.
  2. Cos botes cheos, debemos proceder a retirar o aire que queda no interior. É o que se chama facer o baleiro.
  3. Collemos as tapas dos frascos e pechámolas. Se non tes forza suficiente, podes usar un abrebotes, utilizándoo en sentido contrario ao habitual.
  4. Colocamos un trapo encima do mesado ou da superficie que teñamos libre e poñemos os botes sobre eles boca abaixo.
  5. Deixamos nesta posición ata que se arrefríen por completo.
  6. Dámoslles a volta e comprobamos que a tapa está  cóncava. Listo!
  7. Consome en 4-6 meses e garda en lugar que non recibe luz directa.

Marmeladas de Pazo de Vilane

Como xa che contamos en varias ocasións, en Vilane tamén somos agricultores. Gústanos aproveitar o que nos dá a terra e obter así os mellores produtos naturais de máxima calidade. Hai uns anos decidimos que era o momento de innovar, crear novos produtos de marca propia e aproveitar as leiras do Pazo. Así, naceron as marmeladas artesanais de Pazo de Vilane que elaboramos seguindo un proceso artesanal

Marmelada de tomate ecolóxico

Unha delicia que elaboramos usando tomate enteiro que foi cultivado mediante produción ecolóxica. Leva un 72% de froita.

Marmelada de framboesas

Contén un 70% de froita. A clave está en recoller o froito no momento xusto da súa maduración. É ideal para tostadas, queixo e iogur.

Marmelada de arandos

Tómaa con  patés, foie ou queixo e quedarás encantado. A marmelada artesanal de arandos tamén contén un 70% de froita enteira.

As marmeladas, tanto as de Pazo de Vilane como as que elaboras ti en casa, son o acompañante ideal para as nosas merendas e almorzos ademais de para elaborar todo tipo de receitas, tanto doces como salgadas. E é que grazas ao proceso de conservación das marmeladas, poderemos gozar dos sabores da froita en calquera época do ano. Anímaste a preparala?

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies