fbpx

Comeza a promoción “A galiña dos ovos de ouro”

Pazo de Vilane e Canal Cocina regalan cinco viaxes ao pazo.

A ‘galiñiña’ verde punteada recibiu unha sorpresa moi especial: do 5 ao 31 de decembro vestirase de dourado e converterase na Galiña dos ovos de ouro. O equipo de envasadoras introducirá aleatoriamente cinco flyers dourados coa imaxe da galiña de Pazo de Vilane en estuches de  dunha ou media ducia de ovo campeiro. As persoas que ao abrir a caixa se atopen cunha destas tarxetas gañarán unha viaxe ao pazo, un edificio do século XVII. Ademais, coñecerán as galiñas en liberdade e desfrutarán comidas típicas de Galicia.

A promoción -organizado por Canal Cocina e Pazo de Vilane- levarase a cabo en España, para consumidores que adquirisen envases verdes de ovo campeiro da marca Pazo de Vilane. Os participantes deberán atopar un dos cinco flyers dourados.

Cada un dos gañadores percibirá unha viaxe para el e un acompañante da súa elección, que incluirá: dúas noites de aloxamento no Pazo de Vilane, dous almorzos; unha visita guiada ás instalacións de posta de ovo campeiro, unha comida e unha cea.

¡Sorte!

 

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies