Códigos dos Ovos: que significan e como interpretalos

infografía códigos de los huevos. Cómo interpretar los códigos
códigos ovos

Os códigos dos ovos serven para identificar a orixe do alimento. A través dos números que aparecen reflectidos na casca podemos saber a forma na que foi criada a galiña da que provén ese ovo e o lugar e granxa da que ese produto chegou ata as mans do consumidor. Con este sistema de etiquetaxe búscase garantir a seguridade de cada un dos ovos que se pon á venda ademais de proporcionar a maior información posible aos compradores.

A crianza das galiñas no código do ovo

O primeiro díxito do ovo identifica o sistema de produción. É dicir, grazas a ese número que aparece impreso en primeiro lugar saberemos como foron criadas as galiñas. Todas as alternativas están autorizadas dentro da Unión Europea polas autoridades correspondentes. Temos catro opcións:

3: ovos de galiñas criadas en gaiola

Os animais viven en espazos máis reducidos. Unha directiva europea de 2012 aumentou o sitio mínimo para garantirlles un lugar para moverse, comer e durmir.

2: ovos de galiñas criadas en chan

As galiñas viven en naves polas que se poden mover sen restricións e son alimentadas con penso pero non saen ao exterior.

1: ovos de galiñas campeiras

Aquí van os nosos animais. As galiñas campeiras gozan de parques ao aire libre ao que poden saír a escaravellar, camiñar e picotear ademais dun lugar interior no galiñeiro no que reciben alimentación.

0: ovos de produción ecolóxica

Proceden de galiñas que foron criadas nas mesmas condicións que as campeiras pero cuxa alimentación provén da agricultura ecolóxica.

A procedencia do ovo

A continuación aparecen dúas letras no código dos ovos. Estas identifican o país europeo no que foron criados os animais. No caso dos nosos ovos campeiros e de todos aqueles que foron producidos en territorio español, veremos un ES. Tras este rexistro podemos ver varios números que serven para situar a orixe concreta do alimento:

  • Os dous primeiros números describen a provincia da que saíron os ovos. Para os ovos de Pazo de  Vilane sería o número 27, que referencia aos provenientes da provincia de Lugo.
  • Os tres díxitos seguintes identifican o municipio concreto. 
  • O últimos tres números son o identificador da granxa da que saíron.
  • Opcional: se aparece unha letra ao final deste código, fai referencia ao galiñeiro en concreto do que saíu a produción.
Vídeo de Nuria na etiquetaxe de ovos

Ten en conta que os códigos nos ovos non reflicten a data de caducidade nin outras referencias como a información nutricional. Para consultar estes datos concretos débese consultar o envase contedor. É aí o lugar no que podes saber a data de consumo preferente que, como norma, establécese en 28 días desde que o ovo foi posto pola galiña. Se o almacenaches, podes prolongar a súa vida uns días máis. Recomendámosche seguir estas indicacións para saber se un ovo está bo no caso de que teñas dúbidas.

Grazas a este sistema de códigos garántese que os consumidores saben a procedencia do ovo que compran e búscase promover un sistema de produción que cada vez respecte máis aos animais e fomente a sustentabilidade. Lembra que en Pazo de Vilane todos os nosos ovos campeiros proceden de galiñas criadas en liberdade e que soamente comercializamos aqueles que proveñen das nosas granxas en Galicia. Preocupámonos polo coidado das galiñas desde que teñen un día de vida; para nós é básico darlles a mellor alimentación, o mellor espazo e todo o coidado que merecen.