Chega o III Concurso de anécdotas de Pazo de Vilane

Xa está aquí a terceira edición do noso Concurso de anécdotas. Podes participar en dúas categorías: anécdotas e receitas. E lembra acompañar a túa historia cunha fotografía, un debuxo ou vídeo.

Cóntanos unha historia curiosa ou divertida que vivises no campo. Ou comparte connosco unha receita da vosa familia, se prefires a categoría gastronómica. Podes participar facendo clic no botón que atoparás na parte de abaixo deste post. Se queres participar a través de Twitter, usa o hashtag #AnécdotaPazodeVilane para a categoría anécdota, e #RecetasAbuelaPazodeVilane para a de receitas.

O premio é unha viaxe ao Pazo de Vilane para dúas persoas, para a historia máis votada de cada categoría. Incluirá dúas noites de aloxamento con almorzo nun aloxamento de turismo rural da comarca, unha visita ás instalacións de Pazo de Vilane e unha comida ou cea nun establecemento da zona. As datas para gozar da viaxe serán os días 28, 29 e 30 de setembro de 2018.

Ademais, as seguintes catro historias e receitas máis votadas de cada categoría recibirán un lote integrado por unha taza e unha bolsa de tea Pazo de Vilane e as nosas marmeladas de arando, framboesa e tomate.

A participación estará aberta ata o próximo 24 de agosto. E poderedes votar as historias a partir do día 23 de xullo. Sorte!

Participa!