Balneario de Frádegas: augas curativas cun século de historia

A 15 minutos de Pazo de Vilane, no lugar de Frádegas, na parroquia de Santa Mariña de Amarante, atópase o antigo Balneario de Frádegas. Está abandonado, pero as súas augas sulfurosas, seguen a contar cun recoñecido valor terapéutico.

Foto xoanarcodavella.com

Dende Antas de Ulla, chegamos ao balneario despois de percorrer uns 10 kilómetros tomando o desvío que vai a Santa Mariña. Situado ao carón do río, o conxunto de edificacións está formado por un edificio de dúas plantas cun patio interior, unha capela e outras construcións auxiliares. Na planta baixa sitúase a fonte e as salas de baños. As instalacións hostaleiras estaban no piso superior.

Foto xoanarcodavella.com

As primeiras novas sobre o balneario datan do ano 1891. As instalacións, a punto de inaugurarse, contarían con “baños xerais e locais, duchas, chorros, pulverizacións e baños de lodos”.  Naquel tempo, “prometíase” que as augas curaban enfermidades do pulmón, do estómago e do fígado. Estaban indicadas para o tratamento do reumatismo, problemas de pel, asma, catarros e arrefriados.

Nós xa sabiamos que estamos nunha terra con cualidades especiais. Se un día vides visitarnos, engadide o Balneario de Frádegas á vosa ruta. Paga a pena a visita.

[av_google_map height=’400px’ zoom=’16’ saturation=” hue=” zoom_control=’aviaTBzoom_control’ custom_class=”] [av_gmap_location address=’Frádegas’ city=” country=” long=’-7.962351300000023′ lat=’42.8242807′ marker=” imagesize=’40’][/av_gmap_location] [/av_google_map]

Fonte: lavozdegalicia.es.