fbpx

As túas mascotas poden divertirse con 1 idea, 1 árbore

Non podemos parar de compartir as vosas propostas para a 6ª edición de 1 idea, 1 árbore sobre como reutilizar as nosas caixas de ovos campeIros. Fixéstesnos chegar moitas ideas creativas, útiles e divertidas. Entre elas, como lograr que as nosas mascotas se entreteñan coas nosas caixas.

En Pazo de Vilane colaboramos na creación de bosques autóctonos para conservar a biodiversidade en Galicia e unha contorna saudable para as galiñas. Co dobre propósito de reutilizar a caixa de ovos campeiros e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa, puxemos en marcha o concurso 1 idea, 1 árbore. 

Neste reto baseado nos valores de reciclar, reutilizar e reducir, animámosvos a propoñer ideas orixinais e creativas para darlle unha segunda vida ás nosas caixas de ovos  camperos, e, por cada idea recibida, comprometémonos a plantar unha árbore na comarca da Ulloa. Máis de 400 ideas despois, hoxe mostrámosvos algunhas delas, en concreto, deseños para que a túa mascota tamén goce con Pazo de Vilane.

As cousiñas de Olympia

Esta orixinal idea dunha caixa personalizada para Olympia mostra como a caixa de ovos  campeiros se pode utilizar de forma creativa para que a utilicen as nosas mascotas. Sabemos que en ocasións terminan perdendo todos os xoguetes que lles regalamos, cando non os deixan tirados pola casa. Cunha caixa como a de Olympia, podes gardalos e telos ordenados para evitar que se extravíen. É unha opción cómoda, orixinal e respectuosa co  medio ambiente. A que é preciosa?

Un rascador para o teu gato

Todos coñecemos a necesidade que teñen os gatos de usar as súas unllas, encántalles rubir e quedar enganchados nas nosas cortinas e sofás. Paulasanmar cóntanos como facer un rascador caseiro e divertido tomando como base unha caixa de ovos campeiros. 

Só temos que abrir un buraco no medio da caixa do tamaño que permita encaixar un tubo de cartón. Colle unha corda de esparto e pégaa por toda a base, sen deixar ocos. O tubo forrámolo con tea. O resultado final sería este: un rascador perfecto para o teu gato. Se queres, podes decoralo e personalizalo pegándolle os seus xoguetes favoritos para que sexa aínda máis divertido. 

Como nos gusta ensinarvos as moitas vidas que poden ter as nosas caixas de Pazo de  Vilane.

Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos  camperos recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies