As marmeladas artesás Pazo de Vilane en A Despensa do avó Francisco

A despensa do avó Francisco é unha tenda ubicada no barrio A Milagrosa, en Lugo, que ofrece produtos de Galicia, elexidos especialmente pola súa orixe e sabor. Entre eles, os visitantes poden encontrar as marmeladas artesás Pazo de Vilane. A marmelada de framboesa elabórase co froito enteiro, recolectado no seu punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. Ten a maior porcentaxe de froita do mercado, preparada con 80 gramos de froita por 100 de marmelada. O doce de arando está elaborado con 75 gramos de froita mentras que a marmelada de tomate contén 72 gramos cada 100 de produto. Elabórase unicamente con tomate enteiro procedente das fincas de Pazo de Vilane, cultivado nun sistema de produción ecolóxica. A despensa do avó Francisco, que ofrece aos seus clientes servizo a domicilio, tamén distribúe produtos frescos e de tempada de produtores locais. DATOS DE CONTACTO: https://www.adespensadoavofrancisco.com/ www.facebook.com/adespensadoavofrancisco 982 81 22 84 Rúa Mallorca nº 2, Lugo