As galiñas de Pazo de Vilane gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia

O ovo é un alimento que non falta nas nosas listas da compra e despensas. É imprescindible na nosa dieta polo seu gran contido en proteínas, vitaminas e minerais. Pero non todos os ovos son iguais, depende do tipo de cría das galiñas. Aos poucos a xente está máis concienciada co consumo responsable. Por iso, agora elíxese consumir produtos de calidade e respectuosos co benestar animal e o medio ambiente. Uns deses produtos son os ovos campeiros. Ovos que poñen as galiñas que pastan en liberdade.

Galiñas en liberdade de Pazo Vilane

As galiñas de Pazo de Vilane poden interactuar coa contorna e desenvolver os seus instintos. A nosa maior preocupación: que teñan unha vida saudable e sen tensión.

As galiñas gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia, con choivas e temperaturas suaves. Trátase dunha característica fundamental dos ovos  campeiros de Pazo de Vilane, xa que as galiñas incorporan nutrientes na súa alimentación que chegan ao ovo. Este método de traballo unido á nosa filosofía e a vida nunha contorna privilexiada como é Galicia, permite ofrecer ovos campeiros da máxima calidade en achegas nutricionais e sabor.

Ovos campeiros

O produto principal de Pazo de Vilane é o ovo de galiñas en liberdade. Véndense nas principais cadeas de distribución e está dentro da categoría de ovos campeiros. En Vilane, as galiñas teñen unha alimentación rica en cereais de calidade. A inxestión de herbas que comen nos seus paseos achega ás galiñas nutrientes, fibras e aminoácidos que incorporan ao ovo que poñen. 

É por iso o continuo recordatorio da importancia que ten o coidado das galiñas e que vivan en liberdade. Trátase do valor diferencial de Pazo de Vilane: ovos campeiros froito da calidade dos seus cereais, ambiente de galiñeiro, limpeza de poñedoiros, coidado da contorna e, sobre todo, pola saúde e benestar das galiñas.

O resultado: un ovo de cor marrón tenue, moreno e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén da súa alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane.