Pazo de Vilane nos medios

No que levamos de ano 2020, Pazo de Vilane estivo no foco de atención dos medios de comunicación varias veces. E non é por presumir, ou un pouco si, pero sempre o fixemos por boas razóns. Desde que a empresa se fundou hai case 25 anos crecemos tentando manternos sempre fieis á nosa esencia e comprometidos coa nosa terra, con Galicia

Nos anos 90 arrincamos o proxecto con 50 galiñas e con moita ilusión, tratando de devolverlle ao pazo o seu lugar como centro de produción e traballo na comarca lucense da Ulloa. O noso compromiso materialízase defendendo sempre os valores culturais, sociais e ambientais que nos trouxeron ata este punto e que materializamos a través de varias iniciativas que tiveron o seu oco nos medios nestes meses. Prepárate porque hoxe imos repasar as aparicións de Pazo de Vilane nos medios deste ano.

O apoio ás mulleres emprendedoras

Un dos ámbitos no que desenvolvemos a nosa Responsabilidade Social Corporativa é o apoio ao emprendemento. Coincidindo co Día da Muller Emprendedora lanzamos unha iniciativa para axudar e apoiar a tres delas e no mes de xaneiro demos a coñecer ás gañadoras. 


Unha gran noticia: gañamos a demanda contra Corral de Monegros

A finais do mes de xaneiro recibimos unha noticia que estabamos a esperar como auga de maio: gañamos a demanda contra Corral de  Monegros por condutas de competencia desleal . En palabras de Piedad Varela-Portas, directora de Marketing e Comunicación “é un  importantísimo recoñecemento ao esforzo empresarial de Pazo de Vilane que leva máis de 20 anos innovando no sector do ovo campeiro e que viu como nos últimos anos outras empresas copiaron. E non só o noso envase, a nosa imaxe de marca, a nosa web e as nosas mensaxes.”  

O noso esforzo en tempos de coronavirus

Foi unha época complicada. Desde que no mes de marzo se declarase o estado de alarma en España, todas as nosas vidas deron un envorco. O confinamento fíxose duro e a metade do país parou. Nós non. O incremento da demanda que recibimos nestes meses fixo que tivésemos que contratar máis persoal para satisfacer os pedidos e que todos puidésedes gozar dos nosos ovos campeiros.

Por outra banda, para poñer o noso granito de area decidimos poñer en marcha un proxecto moi bonito: Historias de la cuarentena  . Queriamos que nos contásedes como  estábais pasando eses días, as vosas sensacións, curiosidades, e os medios tamén o reflectiron. 

Entrevistas con Nuria 

“La verdadera revolución en el sector alimentario es volver a la tradición: a los productos auténticos y naturales que nutren” afirma Nuria nesta entrevista sobre Pazo en Food Retail

Tamén no programa En Clave Rural de EsRadio 

E en AfterWork de Capital Radio quixeron contar coa xerente de Pazo de Vilane para darlle voz á nosa marca.

O recoñecemento ao Pazo

Habemos de dicilo: grazas. Durante estes meses recibimos unha chea de agarimo pola vosa banda e tamén por varios medios de comunicación que lle deron voz ao noso proxecto empresarial. Sen todos vós, non poderiamos seguir crecendo para ofrecervos os mellores ovos campeiros, procedentes de galiñas criadas en liberdade.

Carles Francino e o programa La Ventana da Cadena Ser son un exemplo. Oír de palabras dun dos xornalistas máis recoñecidos de España poñer a Pazo como exemplo pola súa “mentalidade empresarial con conciencia, con  reinversión social dunha parte do que gaña, para conseguir facer país ou, neste caso, facer comarca” énchenos de orgullo.

Outra gran satisfacción foi ver como o diario ABC elixiunos para estar no seu top 10 de mulleres emprendedoras, “referentes para outras tantas que pensan ou queren facer o mesmo co seu propio negocio”. Destacaron as nosas iniciativas Emprender desde a raíz e Mujeres Emprendedoras das que tan orgullosos sentimos.

O mesmo xornal tamén apostou por Pazo de Vilane como referente para falar sobre a cantidade de ovos recomendados para consumir por semana. A nosa experiencia é clave para falar con propiedade sobre os beneficios do noso produto.

Outros importantes exemplos das aparicións de Pazo de Vilane nos medios son:

As manualidades de Pazo para celebrar a Pascua e repasar a tradición histórica tiveron o seu oco en El País.

En Voz Populi puidemos daros tres opcións de receitas con ovos cargadas de proteínas para tomar no almorzo ou na cea.

Tamén na revista Men’s Health aportamos as nosas ideas sobre os almorzos con ovos campeiros ideais para os máis deportistas. 

Para o consumo de ovo campeiro entre os máis pequenos da casa falamos con Ser Padres. O importante é que o seu consumo se realice no contexto dunha alimentación equilibrada pensada especialmente para os nenos.

Se dalgo sabemos, é de ovos campeiros. No diario As falaron con Piedad sobre a súa conservación e duración porque son claves para que conserven todas as súas propiedades nutricionais.

En InStyle tamén dimos uns cantos consellos sobre a correcta manipulación para evitar contaminacións nos ovos e gozar da maionesa no verán.

Cada unha destas noticias sobre Pazo de Vilane fai que todo o esforzo que realizamos a diario mereza a pena. Queremos seguir crecendo pero sempre de forma responsable e manténdonos fieis aos nosos principios. O noso lema seguirá sendo “En  Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas” porque resume á perfección a nosa filosofía e amor polos animais que tanto nos deron. Grazas a todos!