Ao “fina do verán”, Samaín

A chegada do frío lémbranos que chega o Samaín; en gaélico: “final do verán”. Os antigos celtas celebraban a transición do verán ao inverno a noite do 31 de outubro. Dise que esa noite é máis fácil transitar entre o mundo dos vivios e o dos mortos. Sabedes por que é parte esencial da tradición galega? O Samaín representaba o Ano Novo celta, o inicio de todo. Esa noite os druídas recollían bagas de visgo coas que preparaban pócimas e ungüentos. En Pazo de Vilane xa vos contamos no seu día que en Galicia, nas nosas aldeas e bosques, viven seres que fan que esta sexa unha terra máxica. Outro elemento típico do Samaín son as fogueiras. O seu obxectivo: escorrentar aos malos espíritos e guiar aos defuntos no seu camiño. Poida que non saibades que antes das cabazas, usábanse caveiras. Os celtas collían as caveiras dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanas para colocalas nos muros dos castros. Máis adiante, os irlandeses, por exemplo, baleiraban nabos e dentro colocaban carbón ardente. A Santa Compaña, un dos mitos máis populares en Galicia, ten a súa orixe nesta noite. Un grupo de mortos, dirixidos por unha persoa viva, camiñan en silencio con longos cirios que iluminan os sitios polos que pasan. O condenado só se librará da maldición se pasa a testemuña a outra persoa. Xa vos contamos que no século XVIII moitos irlandeses emigraron a Norteamérica levándose con eles esta tradición. O nome en inglés, Halloween, responde á tradución da véspera de Todos os Santos: All Hallow’s Eve.

Feira de Santos de Monterroso 2018

Moi preto de Vilane, en Monterroso, celebran a súa tradicional Feira de Santos. Os días 31 de outubro e 1 de novembro celebran a Foliada de Santos (actuacións musicais, magosto, etc.) e a Feira de Santos, unha das celebracións con máis tradición en Galicia. Fonte: La Voz de Galicia.