A ESENCIA DE GALICIA,
A NOSA INSPIRACIÓN
Galicia é unha terra privilexiada. O seu clima, cos seus invernos húmidos e veráns suaves, dando lugar a unha contorna natural única de fragas e carballeiras máxicas, de ríos e regatos salpicados por muíños de auga que antano moían o gran. Aquí escóitase o ritmo da natureza e o tempo rexido por ese compás inspíranos e acompáñanos no noso quefacer. Son os ingredientes que conducen ao mimo polas cousas pequenas e ben feitas. Esa é a esencia de Galicia e a esencia da nosa marca.
A NOSA CAIXA
Esencia que se ve reflictida no envase dos nosos ovos, é dicir, na “caixa da galiña” que é como moitas persoas a recoñecen. As súas cores naturais, verde e marrón e os seus materiais sustentables demostran que somos fieis aos nosos principios, 100% reciclable e 100% reutilizable. O noso deseño, creado polo artista Pepe Barro en 1996, recibiu varios premios de deseño e evoca o natural, o artesanal, aquelas cousas feitas antigamente con coidado e atención.
A FOLLA DE CARBALLO
Qué outro símbolo poderiamos ter elexido? Ademais de robusto, forte e duradeiro o carballo recibe outros atributos na cultura celta como símbolo de vida, forza, sabiduría, nobreza, familia, lealdade e lonxevidade. Por todo iso sentimos a identificación co noso proxecto cargado de esforzo e compromiso.
A GALIÑA E O GALO
Por ese esforzo e polo agarimo co que se fan as cousas en Galicia, precisabamos representar a galiña cun punteado que representa o non industrial, o rudimentario do artesán fronte á fría perfección da produción masiva e mecanizada. É un reflexo da forma de facer en Pazo de Vilane, é un reflexo da nosa forma de vida.
A CAIXA DE OVOS
PAZO DE VILANE
PEPE BARRO CÓNTANOS COMO SE CREOU
Como deseñador, con esta caixa teño o privilexio de estar vivindo en tempo real, vendo como xurdiu e se formou un novo tipo de estándar no lineal do supermercado. Pazo de Vilane adiantouse a ofrecer ao mercado un novo produto, anos despois tipificado pola normativa como “ovos campeiros”. Si, son ovos de galiña, pero dunhas galiñas criadas en liberdade. Pazo de Vilane crea un novo concepto e pon no mercado un novo produto.