fbpx

25 de xullo, Día de Galicia dende 1919

ANosaTerra

25 de xullo, Día de Galicia dende 1919


O Día de Galicia é oficial dende o ano 1979, segundo decreto da Xunta publicado no DOG do día 1 de xaneiro. Pero as orixes desta celebración remóntanse ao ano 1919, data na que se reúne en Santiago a asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.

Habería que agardar ata mediados dos anos 20 para que ese día se celebrara en case toda Galicia e nos centros da emigración. A primeira interrupción da celebración chega coa dictadura de Primo de Rivera. Coa chegada da República, recupérase a festa do “25 do Santiago”.

O franquismo prohibe unha celebración que, curiosamente, pasa a ser o Día de España. A finais dos 60 e principios dos 70, partidos políticos como o PSG ou a Unión do Povo Galego celebraban actos clandestinos para conmemorar este día. Estes actos remataban en enfrontamentos coa policía que se mantiveron incluso coa chegada da democracia.

En 1978, constitúese un goberno preautonómico coa presenza de UCD, PSOE e AP (que tiñan presenza nas cortes en Madrid). Foi entón cando se impulsou un acordo entre todos estes grupos para designar o día 25 de xullo como “Día Nacional de Galicia”.

As festas do Apóstolo

O 25 de xullo celébrase dun xeito especial na capital de Galicia, en Santiago de Compostela. Do 15 ao 31 de xullo, tedes a oportunidade de desfrutar de concertos, exposicións e outras actividades. O acto central é o espectáculo e os fogos do Apóstolo da noite do 24 de xullo na Praza do Obradoiro.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies