En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas
En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas
En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas
En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas
En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas
Ovos campeiros galegos
Saborea un ovo campeiro de alta calidade, procedente do corazón de Galicia. Un ovo ÚNICO.
Cando levas á túa mesa ovos campeiros de Pazo de Vilane, volves ao sabor dos ovos de aldea, como os de antes.
SABER MÁIS
Coidamos galiñas
As galiñas son a nosa razón de ser. Coidamos delas desde que teñen un día de vida e garantimos o seu benestar.
Criadas en liberdade, dámoslles o mellor alimento, coidámolas para que vivan sas e sen estrés e proporcionámoslles unha contorna onde poden vivir de acordo coa súa natureza.
SABER MÁIS
Marmeladas artesanais
De framboesa, arandos e tomate agridoce. As marmeladas de Pazo de Vilane elabóranse cun 70% de froita enteira cultivada nos nosos propios predios e recolleitada no seu punto xusto de maduración. Ricas e naturais.
Nacemos coa idea de volver darlle vida ao pazo familiar e conseguímolo! Máis de 300 anos de historia acumúlanse nestas paredes que viron crecer o noso proxecto.
Manténdonos fieis á esencia coa que xurdimos, elaboramos só produtos de alta calidade, sempre con carácter artesanal e con marca propia. Porque Pazo de Vilane é moito máis que un edificio.
SABER MÁIS
Receitas con ovos
Petiscos, carnes, ensaladas, sobremesas… Entra e coñece as mellores receitas feitas cos deliciosos e nutritivos ovos campeiros de Pazo de Vilane.
SABER MÁIS
Comprometidos coa nosa contorna
Comprometidos con Galicia
As nosas terras de cultivo están rodeadas de bosques autóctonos con múltiples especies que axudan a manter a diversidade ambiental.