Día da Muller Rural: elas marcan o cambio

Ata hai poucos anos a muller que vive e traballa no ámbito rural non estaba recoñecida nin contaba cun día propio. Non foi ata o 15 de octubro de 2008 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional das Mulleres Rurais, impulsado pola Asemblea Xeral da ONU,  e a partir de entón pasou a ser distinguida anualmente.

Con todo, esta xornada non debería ser unha homenaxe máis. A efeméride pretende poñer de manifesto a contribución decisiva da muller que vive no rural en calquera parte do mundo, na promoción e desenvolvemento da agricultura, a gandería e do campo en xeral, así como o seu papel na mellora da seguridade alimentaria e no fin da pobreza.

E é que o Día Internacional da Muller Rural axuda a situar nas axendas dos gobernos de todo o mundo a discusión de políticas e estratexias encamiñadas á mellora da muller en contextos difíciles e onde, paradóxicamente, xogan un papel determinante para o cambio.

¿Qué papel xoga a muller rural no mundo?

Segundo o Instituto de Estudos sobre Conflictos e Acción Humanitaria (IECAH) as mulleres son primordiais na economía rural mundial, tanto nos países en desenvolvemento como nos desenvolvidos. Contribúen á erradicación da pobreza e a fame nas súas comunidades agrícolas, ao acceso á educación universal e ao desenvolvemento sostible.

Con todo, existen varios freos para que este desenvolvemento se complete. En particular, moitas mulleres sofren no mundo rural discriminación por motivos de xénero, o que lles impide acceder a recursos (créditos, mellores sementes ou abonos, maquinaria…) que lles posibilitaría obter un maior rendemento nas súas colleitas ou ganados.

Naturalmente, as mulleres rurais de todo o mundo deben tamén enfrontarse ás dificultades comúns ao traballador do campo: illamento, escaseza de man de obra, especulación dos intermediarios e mercados internacionais, falta de financiación, híper liberalización do comercio internacional…..así como o cambio climático e a baixada de precios dos produtos agrícolas.

As mulleres do mundo rural son un grupo heteroxéneo, difiren en raza ou etnia, relixión , clase social… As súas vidas son moi distintas en función do lugar no que viven ou das súas circunstancias económicas e sociais. Pero todas elas están apegadas á terra e son conscientes de que é a súa principal fonte de riqueza, polo que a coidan e protexen.

Segundo a asociación Alianza Rural, en España uns 6 millóns de mulleres viven e traballan no ámbito rural; isto é , o 30% da poboación feminina española. A gran maioría (algo máis de 4 millóns e medio) viven en municipios de entre 2000 e 10000 habitantes. A súa vez, só o 30% delas son donas de explotacións agrícolas ou gandeiras.

E a pesar de que constitúen unha parte moi significativa do mundo rural, todavía non contan co grado que merecen de participación e recoñocemento político, oportunidades laborais ou toma de decisións. Por iso, e aínda que se avanzara nalgúns aspectos, é fundamental que demos ao Día Internacional da Muller Rural a relevancia e repercusión que merece.

É máis, en ocasións e segundo sinala a IECAH “ a contribución e participación das mulleres non aparecen reflectidas de forma íntegra nos informes das zonas de desenvolvemento porque o traballo feminino non é recoñecido ou se considera parte dos labores domésticas. Deste xeito, faise invisible a súa achega ao desenvolvemento agrícola, pois son consideradas como parte do emprego non remunerado”

Pazo de Vilane, unha empresa avícola de mulleres rurais

Pazo de Vilane foi fundado no 1996 por unha familia, os Varela-Portas, na que predominan as mulleres. Elas son maioría tanto nos postos directivos como no grupo de empregados.

As mulleres que formamos parte do Pazo coidamos galiñas, recollemos, clasificamos e envasamos ovos, ocupámonos de tarefas administrativas, financeiras, contables , de Comunicación e Marketing, de Dirección… E sempre en todo momento tratamos de valorar e garantir a viabilidade do mundo rural na nosa comarca, A Ulloa , no corazón de Galicia.

Festexa o Día da Muller Rural con Pazo de Vilane

Somos moitas e cremos no futuro. Gústanos vivir e traballar no campo, gozar da natureza, a tranquilidade e os planes coa familia e amigos.

Gustaríanos que os nosos quedaran no rural, se ese é o seu desexo, pero para iso necesitamos que proxectos viables e que vertebran o territorio, como Pazo de Vilane, sigan adiante.

Por iso invitámoste a festexar na distancia o Día Internacional da Muller Rural, porque necesitamos o teu apoio. E porque é necesario que cada vez máis xente coñeza (e recoñeza) a importante labor das mulleres no campo.

Fontes:

IECAH

Alianza Rural