San Xoán para comezar o verán

San Xoán celébrase nas praias galegas, pero tamén no interior. Buscades un plan alternativo para a noite do 23 de xuño? En San Xoan de Antas (Antas de Ulla), moi preto de Vilane, celébranse as festas patronais. En Palas de Rei, a 15 minutos de aquí, tamén celebran a noite máxica; sardiñada e fogueira para espantar aos malos espíritos. Se vos decidides a achegarvos, preguntade polo Castelo de Sirgal. Conta a lenda que, na noite máxica de San Xoán, os veciños se lavaban coa auga acumulada durante todo o ano na lousa que cubría un dos sepulcros.

Cambio de estación en Pazo de Vilane

arandanos Vilane Inauguramos o verán entutorando as arandeiras. Necesitamos táboas e fíos para que as prantas medren como nós queremos. Se todo vai segundo o previsto e o tempo non volve sorprendernos, en 10 días estaremos recollendo a colleita de arandos do 2017. Para a framboesa aínda temos que esperar ata o mes de setembro. As “vacacións de verán” non impedirán que sigamos traballando nos galiñeiros e nos campos de froitos vermellos.  Se estades preto, mañá tedes unha boa oportunidade para vir coñecernos 😉