OVOS DE GALIÑAS
EN LIBERDADE

PRODUCIDOS EN GALICIA.

O clima atlántico, suave e húmido, fai que as galiñas teñan pastos tenros para comer durante todo o ano.

O noso produto principal é o ovo de galiñas en liberdade que se vende nas principais cadeas de distribución dentro da categoría de “ovo campeiro”. A súa calidade radica na atención e coidado que en Pazo de Vilane damos ás nosas galiñas, na calidade dos cereais que comen, o ambiente dos galiñeiros, o mantemento dos seus poñedoiros para que estén limpos e ademais no coidado da contorna onde pacen en liberdade, o cal atendemos prantando árbores e conservando os acuíferos. As galiñas disfrutan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia, con choivas e temperaturas suaves. Trátase dunha característica fundamental do ovo campeiro Pazo de Vilane xa que as galiñas incorporan nutrintes que aportan ao ovo un valor diferencial. Este método de traballo, a nosa filosofía e a vida nunha contorna privilexiada como é Galicia, permítenos ofrecer un ovo campeiro da máxima calidade en aportes nutricionais e sabor.

LÍDERES E PIONEIROS DO

OVO CAMPEIRO EN ESPAÑA

O proceso de recollida culmina co seguimento do produto final, onde seguimos as normas de calidade e control da norma ISO 22000 de Seguridade Alimentaria a cal establece protocolos de manipulación de alimentos, supervisión de aptitude del produto final, protocolos de limpeza e desinfección e todo un programa de formación para o noso persoal.

Estes sistemas de traballo interno son finalmente certificados e avalados por dúas entidades externas, Galicia Calidade e AENOR, que garanten a obxectividade e verificación dos mesmos.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Cada mañá recollemos de forma manual os ovos campeiros que puxeron as nosas galiñas. Unha vez que chegan á nave de envasado, un equipo de traballadoras monta artesanalmente cada caixa de cartón, onde se gardan coidadosamente.

A CAIXA DE

PAZO DE VILANE

É un dos maiores signos de identidade de Pazo de Vilane. Este deseño rexistrado desde 1996 creou unha semántica particular e convertiuse no símbolo do ovo campeiro. Evoca conceptos como o natural, artesán, galego… é unha peza da que nos sentimos especialmente orgullosos e que demostra o noso enfoque sustentable.

Non sen motivos ten recibido varios premios de deseño e estivo presente, dende os seus inicios, en diferentes exposicións como a que tivo lugar no Museo Reina Sofía de Madrid.

Onde mercar

O inconfundible sabor dos ovos campeiros, a explosión das framboesas das nosas marmeladas ecolóxicas e o resto de produtos de Pazo de Vilane están dispoñibles en moitos establecementos próximos a ti.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR