AS MARMELADAS CON MAIOR

CANTIDADE DE FROITA

MARMELADAS ARTESANAIS DE FRAMBOESAS E ARANDOS

A marmelada de framboesa eláborámola de xeito artesanal únicamente con framboesa enteira procedente das nosas fincas, recolleitándoa no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol; isto convértea na marmelada con maior porcentaxe de froita do mercado, un 80%. É perfecta e deliciosa con torradas, queixos, patés e en iogur.

A marmelada extra de arados, pola súa parte, elabórase cun 75% de froita e ten unha textura ideal para tomar tamén con patés, foies e queixos.

MARMELADA ECOLÓXICA DE TOMATE AGRIDOCE

A marmelada de tomate elabórase unicamente con tomate enteiro procedente das fincas de Pazo de Vilane, cultivado nun sistema de produción ecolóxica. A súa colleita no punto xusto de maduración permítenos ofrecer esta marmelada co 72% de froita.

Dentro do método de produción ecolóxico atópase o aproveitamento do esterco das galñas criadas en liberdade que contribúe a enriquecer a terra das plantacións de tomate e froitas do bosque.

PROCESO DE ELABORACIÓN

As marmeladas artesanais de framboesa e arando están elaboradas unicamente con froita enteira procedente das nosas fincas, colleitándoa no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. A marmelada de framboesa contén o maior porcentaxe de froita do mercado, un 80% e a de arando, un 75%.

Onde mercar

O inconfundible sabor dos ovos campeiros, a explosión das framboesas das nosas marmeladas ecolóxicas e o resto de produtos de Pazo de Vilane están dispoñibles en moitos establecementos próximos a ti.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR