RECUPERACIÓN DO

PATRIMONIO

UN PAZO DO SÉCULO XVIII

O noso pazo está ubicado nunha finca de 37 hectáreas cuxo edificio principal data do século XVIII.

Cunha clara vocación de recuperación respetuosa do patrimonio arquitectónico de Galicia, traballamos para que o pazo sexa unha estrutura produtiva rural e un espazo para o desenvolvemento de encontros culturais e sociais.

A actividade da explotación mantén o patrimonio agrícola, as paisaxes tradicionais da Ulloa e a poboación na comarca.

DESENVOLVEMENTO

SUSTENTABLE

EMPRENDEMENTO RURAL

A empresa familiar sempre tivo claro o desexo de recuperar o pazo como iniciativa empresarial xeradora de riqueza e emprego no medio rural. E iso é o que leva facendo dende 1996, cando Pazo de Vilane se convirte nunha unidade de produción agrícola moderna, innovadora e un centro de arraigamento social e cultural.

CONTORNA

NATURAL

RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE E COIDADO DOS ANIMAIS

As nosas terras de cultivo están rodeadas de fragas autóctonas con múltiples especies que axudan a manter a diversidade medioambiental. É fundamental manter este equilibrio, apostando polo cultivo sen produtos químicos ou de síntese nas nosas fincas. Do mesmo modo, a riqueza da contorna axúdanos a coidar da mellor maneira ás galiñas en liberdade.

A nosa actividade ten un enfoque sustentable por iso aproveitamos os recursos endóxenos. Un exemplo disto é a fertilización dos froitos do bosque que realizamos co esterco que nos proporcionan as galiñas.

Onde mercar

O inconfundible sabor dos ovos campeiros, a explosión das framboesas das nosas marmeladas ecolóxicas e o resto de produtos de Pazo de Vilane están dispoñibles en moitos establecementos próximos a ti.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR