A Feira de Santos de Monterroso

Como cada ano, a chegada do mes de novembro tráenos a celebración dunha festividade moi especial, cunha gran multitude de manifestacións populares: a festa de Todos os Santos e, con ela, a Feira de Santos de Monterroso.

Aínda que nos últimos anos a importación de Halloween ten cada vez máis adeptos, a orixe do día de Todos os Santos parece remontarse ao século VIII e parece moi relacionada coa festividade de orixe celta denominada Samaín.

Nesta data, cada 1 de novembro, celébrase a Feira de Santos no noso veciño concello de Monterroso, situado na comarca da Ulloa, está considerada unha das máis importantes de Galicia. Existen probas documentais de que este mercado agrícola e gandeiro celébrase desde o ano 1450, aínda que a súa orixe podería ser incluso máis antigo.

Cada ano, máis de 100.000 persoas asisten a unha cita que ofrece arredor dun millar de postos de venda de produtos típicos: queixos, castañas, mel, carne, doces… e unha gran variedade de postos onde degustar polbo “á feira”, ademais acóllense actuacións musicais.

En definitiva, a Feira de Monterroso é unha parada obrigatoria para calquera persoa á que lle interese a cultura e tradicións de Galicia

<< se ti viras o que eu vin 
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo>>
(canción popular)

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR